A artista local Lidia Cambón, coa axuda de Andrés Andrade, foi a encargada de darlle colorido en 2014 á antiga escola unitaria de Arrabales, situada no parque do barrio da Milagrosa.
A obra ocupa a totalidade da fachada do pequeno edificio. Nela represéntase unha escena protagonizada por cativos con motivos de inspiración infantil: debuxo de liñas redondeadas e cheo de cores. O mural lémbranos a antiga función que desempeñaba o edificio e o volve a encher de vida.
Lidia Cambón é unha artista nada en Carballo, que se define como deseñadora dixital e ilustradora, ámbitos onde crea a maior parte da súa obra, pero tamén traballa a fotografía e a pintura de grandes formatos como os murais. Ver obra da artista...