Un gran oso que semella saír da propia parede desta rúa, é o protagonista do mural de 2014 de Laura Tova. O seu título, Amañecer, fai referencia ao inicio da vida, na súa orixe a palabra significaba "amar nacer" cada día. A auga, moi presente no mural simboliza a vida mesma, así como o oso de cor branca, a pureza. Os elementos xeométricos fan alusión á natureza dentro do universo, onde a xeometría é a orixe.
O traballo da artista, de carácter tamén ilustrativo e narrativo, destaca pola habilidade coa que integrou o debuxo coa textura irregular da parede, a cal mantén a súa aparencia orixinal, sen ter sido branqueada. Tal é así que semella que o gran oso branco emerxe da propia parede para saudar un novo día.
Laura Tova é unha artista carballesa que destaca en ilustración, aínda que tamén traballa outros formatos como o gravado e pintura e as súas obras tamén alcanzan grandes formatos como nos murais de Carballo. Ver web da artista...