A obra que deixou AnimalitoLand en Carballo en 2017 fala dos encontros, das vivencias que podemos ter con outras persoas e como nos marcan deixando impregnados recordos. Sendo fiel ao seu estilo, próximo á ilustración infantil e ao mundo da animación, a artista móstranos dúas figuras que parecen case mimetizarse, dúas figuras de mundos moi diferentes pero que pouco parece importar á hora de compartir vivencias.

O muro destaca pola súa cor, especialmente pola gran saturación empregada, o que fai que teña un gran impacto visual sobre o espectador.

AnimalitoLand é o universo visual de Graciela Gonçalves Da Silva, artista arxentina de procedencia portuguesa e afincada actualmente en Madrid. Según Graciela: Vivimos acosados por unha escuridade que lentamente fainos adormecer. Penso que o imaxinario e a sensibilidade son ferramentas esquecidas que precisan máis adestramento". Ver web da artista...