Despois de 10 días de traballo continuado, Jorit deixounos esta maxestuosa obra na vila no 2017, na cal representa un retrato hiperrealista con gran detallismo, neste caso presenta a faciana dunha moza de ascendencia galega. Jorit pretende facer unha reflexión a través do retrato: todos somos da mesma tribo, a humana. Ao longo da súa obra representou a moita xente famosa e tamén anónima, co que quere transmitir que todos temos en común o mesmo poderoso trazo, a faciana.

O obxectivo de Jorit é achegarse o máximo posible á realidade, e isto só é posible a través dun estudo exhaustivo e minucioso.

Jorit é un artista italiano que é coñecido por representar a faciana humana cun realismo sorprendente e de dotalas dunha maxestade similar á dun Tótem, coma unha deidade que precisa ser venerada, creando imaxes cheas de solemnidade e de grande impacto visual. Ver web do artista...