A obra, de carácter realista, xoga con distintas tonalidades de azuis para conseguir un efecto de profundidade. A balea está nun acuario rodeada de lixo e atrapada nunha rede. Todos os elementos representados teñen o fin de enviar unha mensaxe, posto que o obxectivo da obra é concienciar ao espectador sobre a importancia que ten a reciclaxe e o coidado do medio ambiente, para así poder conservar as especies que nos rodean.
O mural é unha ventá ao futuro e representa unha posible realidade, ao menos que non tomemos hábitos máis sostibles.
Rachele Cavallo "Rakele" é unha artista carballesa nada en Milán (Italia), multidisciplinar, que desenvolve a súa obra entre a fotografía, a produción multimedia, as artes gráficas publicitarias, o deseño gráfico e o muralismo.