Artemisia Vulgaris é unha planta que medra nas rexións de clima temperado en Europa, Asia e o norte de África, e ten grandes propiedades medicinais. Adquire un gran protagonismo na noite de San Xoán, unha noite máxica, na que se emprega xunto a outras herbas no tradicional ritual para elaborar a "poción máxica" que potencia o poder mental, cristaliza os desexos e favorece a saúde e a sorte durante todo o ano.

As súas raíces relaciónanse cas correntes telúricas e cos antigos cultos de tipo matriarcal. Emprégase moito na feiticería e bruxería, porque se dicía que inducía soños lúcidos e viaxes astrais.

Este muro do 2018 forma parte da serie Reforestando da artista galega Doa, quen ve a urxente necesidade de recoñecer e respectar o contorno natural e todo o reino vexetal e a importancia de espertar na nosa conciencia a idea de que somos parte dun todo.

Doa é unha artista galega que gusta de experimentar diferentes técnicas expresivas, na que destaca coma muralista, transformando os espazos públicos mediante a intervención mural “site specific” de temática vexetal, coa única ambición de renacer espazos. Ver web da artista...