Laura Tova retratou neste mural de Paradisaeida do 2015 unha das súas paisaxes favoritas, a das marismas de Baldaio, recoñecida pola Unión Europea como Rede Natura e área ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves).
A escena, composta por dous planos, amosa unha gran ave que enmarca á lagoa e ás dunas do noso paraíso, poñéndolle un título moi acaído como Paradisaeidae, ave paraíso. Tova traballou en gran formato vertical (10m. x 7m.) nunha das paredes do exterior do CEIP Fogar, nunha obra que pretende pór en valor a riqueza natural da zona e achegala aos escolares de Carballo cada día.
Laura Tova é unha artista carballesa que destaca en ilustración, aínda que tamén traballa outros formatos como o gravado e pintura e as súas obras tamén alcanzan grandes formatos como nos murais de Carballo. Ver web da artista...