O artista valenciano Dulk amosa neste mural do 2015 esa sensibilidade súa polo mundo animal, unha constante nas súas creacións que encerran unha mensaxe de fondo compromiso medioambiental.
Galician Wildlife é unha representación de parte da fauna autóctona galega, con especial atención a algunhas especies ameazadas da zona de Carballo. En concreto, o mural fai alusión a algunhas destas especies da área protexida de Razo - Baldaio, onde varias aves que viven neste espazo natural están en perigo de extinción.
Dulk ten un estilo peculiar onde o protagonista é o debuxo e as cores intensas. O seu traballo posúe unha coidada estética tenra e acolledora, na que se esconde detrás unha certeira mirada crítica e sarcástica sobre a cruel situación á que estamos sometendo á natureza. A obra actual de Dulk caracterízase por unha obsesiva tendencia á representación da natureza, onde as súas personaxes protagonizan historias paralelas entre o forte e o feble, o superior e o inferior.
Dulk é Antonio Segura Donat, natural de Valencia, un ilustrador todoterreo, muralista e adicto ao debuxo dende moi pequeno. Máis info en su web...