Eu vivo nun bote
no medio do mar,

respiro salitre
no aire do chan.

Lola Oviedo naceu e vive en Caión. Dende alí pode ver o mar a diario e os barcos que, por esta nosa autoestrada oceánica, se dirixen aos máis distintos confíns do mundo. O que non pode ver, porén, é a costa carballesa, Razo e sobre todo Baldaio, a quen Lola considera o noso Serengueti.

A obra Eu vivo nun bote, segundo a propia autora, pretende narrar a paisaxe visual do mar desde Carballo, se iso fose posible. Con liñas minimalistas, no seu mural, nas paredes do pavillón Carballo Calero, representa a vista da costa carballesa dende un punto elevado, poñamos por caso, dende o Monte Neme. Nela recóllese unha viaxe que percorre as corredoiras que nos levan cara o mar por Lema, a lagoa de Baldaio, o inmenso Atlántico, o porto de Caión á dereita e o de Malpica á esquerda.

O mural, pintando en 2015, pretende ser unha mirada sobre o areal de Baldaio, con Caión a un lado, Malpica ao outro, e os camiños que aló nos conducen... Unha mirada á parte norte da Costa da Morte, aos barcos que ata non hai moito poboaban esta parcela de Océano convulso e frondoso.

Lola Oviedo é natural de Caión (A Laracha, A Coruña), unha artista de longa traxectoria que emprega diversas técnicas que a leva a traballar dende a pintura, gravado, estampación téxtil e tamén en grandes formatos como os murais. Máis información en...