Nesta obra de 2016 do artista local, Miguel Anxo Calvo, de alcume O'Mighelo, quixo reflexar a súa visión sobre o ciclo ou "circo" da vida.
Así, a temática fai referencia á loita pola procura da liberdade, que ás veces sae cara e incluso custa a vida e moito sangue. A figura que simula un acróbata pendurado dun fío representa o camiño do ser humano na vida, acompañado da noción do incerto que en ocasións conleva a persecución dunha nova vida, co descoñecemento do destino, de aí os signos de interrogación que se poden ver ao redor do "acróbata". O concepto de vida é representado polo cordón umbilical, que suxeitado por dous cativos, está conectado ao outro extremo a un arame de espiñas con forma de corazón, como símbolo da conexión vida-morte nese contexto de incerteza, referenciada cos globos.
O'Mighelo é un artista multidisciplinar nacido na parroquia carballesa de Cances.