A infancia é a etapa da vida que lembramos polas boas sensacións do noso tempo de lecer cos amigos e amigas. Os rapaces que compoñen a imaxe central do mural están inmersos neste momento, o cal recordamos de forma efémera cando somos adultos.

As figuras están rodeadas dunha paisaxe fantástica, onde a vexetación acada unha escala irreal, e acompañados por uns chimpancés que penduran dunhas árbores siluetadas.
As formas xeométricas e sinxelas, xunto coas cores planas e primarias, crean un contraste visual intenso.

Este mural foi realizado por Emi de las Heras con rapaces e rapazas do Campamento de Verán do Balonmán Xiria, nos meses de xullo do 2014 e 2015.

Emi de las Heras é unha artista galega, nada en Carballo, que destaca en arte urbana, ilustración, pintura, audiovisuais, escenografía e a docencia, con numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas.