Sendo fiel ao seu estilo, Case Maclaim, deixounos en Carballo unha mostra da súa arte co aerosol, amosando o poder do movemento a través das mans que atan os cordóns dunhas zapatillas. Unhas mans que expresan o movemento coas cores pero tamén coa superposición de planos, un xogo de perspectivas. Partindo desta idea, o artista alemán fálanos sobre o camiño a percorrer, un camiño no que bateremos con múltiples obstáculos que esquivar para chegar ao noso destino. Un traxecto durante o que tropezaremos e teremos que erguernos de novo, asegurándonos de atar ben os zapatos antes de erixirse de novo e voltar a camiñar. Unha loita continua contra o tempo, os obstáculos e as cambadelas que poidamos atoparnos na vida.
Case Maclaim, tamén coñecido como Andreas van Chrzarowski, alemán e membro co-fundador da mundialmente coñecida Ma'Claim Crew, é un histórico pioneiro do fotorrealismo no graffiti e sitúase como un dos maiores representantes deste estilo na arte mural contemporánea. Ver web do artista...