Esta obra colectiva é o resultado dunha masterclass de iniciación ao muralismo dirixida polo equipo de Cestola na Cachola celebrada durante a segunda edición do Rexenera Fest, no 2016, na que participaron numerosos artistas, moitos deles locais.
Cestola na Cachola defínese como unha cooperativa de traballo asociado, sen ánimo de lucro, que traballa principalmente nos eidos da pintura e a divulgación dunha economía ao servizo das persoas. Realizan ilustracións, cadros e reproducións, murais, deseños, formación relacionada coa economía social e solidaria e dinamización participativa e acompañamento. Deseñan estampados para a súa liña de roupa chamada "moda ética" (roupa elaborada baixo criterios de Comercio Xusto) porque cren na necesidade dun consumo de roupa diferente e responsable.