A artista catalá Cinta Vidal agasallounos no 2017 cun mural deseñado ex profeso para Carballo, no que se fusionou con esta parede e no que retrata certos trazos predominantes da arquitectura propia da zona como as casas con galerías, casas con cubertas de tella e os peculiares hórreos da comarca, que fan referencia directa a algunhas construcións da vila.

En consonancia con todo o seu traballo anterior, a autora utiliza a arquitectura como elemento narrativo crucial da obra pero introduce elementos menos usados na súa traxectoria como montañas e cantís, que volteados e faltos de gravidade adquiren unha expresividade e unha vertixe especial.

Cinta Vidal acostuma representar inconexións co mundo que nos rodea, realidades paralelas que se reflicten suprimindo a dimensión gravitatoria. A súa obra é unha reflexión sobre a orde e desorde dos elementos, dos mundos e das ideas. Ver web da artista...