Nesta parede volveu a mergullarse no 2018 o "buzo", nome co que popularmente se coñece este muro. Esta é a nova versión dese buzo que emerxera en 2014 nunha casa contigua, xa derrubada.

No mural A Orixe 2 do graffiteiro Mou, membro na organización do proxecto de arte urbana "Desordes Creativas" e coordinador en varias edicións do Rexenera Fest, vemos a un gran buzo atopando unha botella, a cal contén unha folla de carballo, á que representa a esencia da vila. Así a obra amosa a busca da orixe de Carballo. A zona era antigamente coñecida polos seus mananciais naturalmente medicinais, grazas ás árbores milenarias, as que nutrían de minerais e nutrientes á auga. Así, Mou consegue reflectir esta idea cunha estética moderna, próxima á banda deseñada europea, empregando só a cor azul, a cal dota dunha aura de misterio á superficie.

O estilo de Mou, nado en Ordes (A Coruña), é pura creación graffitteira, con claras influencias da banda deseñada, o que o diferenza da boa parte dos creadores que participan en Derrubando muros con pintura,, que están máis ligados ao mundo pictórico. Mou forma parte do equipo Mutante Creativo. Ver a súa web...