Petra Mater é a imaxe dunha muller suspendida entre o ceo e a terra, vista dende a lúa, núa como a pedra. Nas montañas de Galicia son moitas as pedras que se cre posúen virtudes milagreiras, como evidencia de cultos indíxenas de orixes preceltas, a miúdo vencellados aos ritos de fertilidade. As culturas primitivas atribuían ás rochas propiedades milagreiras en virtude da súa dureza, aspereza e permanencia. Nestas terras, que os antigos crían estaba o límite infranqueable do mundo habitado, din, tivo lugar o tránsito das ánimas ás illas dos benditos. Os navegantes mitolóxicos e os santos cristiáns alternáronse a tempo para guiar aos peregrinos neste camiño marcado polas pedras na terra e pola Vía Láctea no ceo, conectando humano e divino.
Bosoletti, de orixe arxentina, é un artista que posúe un estilo pictórico clásico e apóiase en simbolismos e metáforas, en representacións humanas e fortes apelacións visuais. Traballa con figuras humanas en conxunto cos elementos da natureza, particularmente as femininas e os seus destinos. Ver a web do artista...