O Carballo é o mural inaugural do Derrubando muros con pintura, que foi iniciado en outono de 2013 polas coordinadoras do proxecto, Paula Fraile e Roberta Venazi.

Querían conseguir un resultado que se identificara coa vila, que o puideramos sentir como próximo, e que non fora agresivo. Por iso decidiron comezar, con humildade, non polo centro da vila, senón polos barrios que lle dan entrada.

O mural da rúa do Sol representa a vexetación carballesa e ten coma protagonista principal unha folla de carballo. Recibe así aos visitantes que chegan á vila dende Compostela, Fisterra ou Ordes, cun saúdo cheo de cor e positividade.

Paula Fraile é unha artista manchega que desenvolve proxectos artísticos en distintos ámbitos e técnicas, destacando polos seus murais, pero tamén pola ilustración, gravado e estampación. Ver web da artista...

Roberta Venazi naceu en Roma. É unha artista multidisciplinar que traballa dende as artes visuais, gráficas e escénicas, arte urbana, pintura, ... Ver web da artista...